Acceder

O Cotadrez: a nosa propia versión do xogo de "Juego de Tronos" ("SitRang" ou "Cyvasse")

A idea deste xogo xurdiu hai uns anos cando buscaba un regalo de boda orixinal para uns amigos. Buscando información en internet acabei atopando esta versión do xogo en Thingiverse: https://www.thingiverse.com/thing:92172.

Daquela non tiñamos a posibilidade de imprimilas pezas polo que obtamos en construir o xogo con madeira. Tampouco nos acababan de gustar as regras, polo que acabamos creando unhas regras novas, con máis similitude coas regras do xadrez.

image

 

image

Agora, gracias a que xa chegaron os equipos do Polo Creativo puidemos imprimir varios xogos de pezas e ao ir empezando a xogar démonos conta de que as regras precisaban algúns axustes. De ahí xurdiu o Cotadrez.

image

Fixemos varias versións de taboleiros e varios xogos de pezas de distintos tamaños. Mesmo organizamos o primeiro campionato de Cotadrez do mundo.

image

Xa somos tres centros: dous de Pontevedra e un de Segovia; que temos a posibilidade de xogar e é posible que no futuro se organicen campionatos entre centros. Estamos a traballar nunha versión informática para poder xogar online.

image

Blogs relacionados