PROXECTO COOPERATIVO MODA-RE
Ó longo dese curso, os diferentes cursos da ESO están a traballar nun proxecto colaborativo con Cáritas: a reciclaxe de roupa a través das súas tendas Moda-RE.

Fixéronse etiquetas en 1º da ESO, elaboráronse prendas a partir de outras xa existentes en 2º da ESO e fixéronse crípticos e cartelería en Educación Dixital e Dixitalización, 3º e 4º da ESO respectivamente. Buscamos dar visibilidade a estas tendas de nova presenza na nosa cidade, e axudar tamén a concienciar ós nosos compañeiros das diferentes etapas educativas da importancia de aproveitar a roupa xa que a súa fabricación xenera un alto impacto económico, medioambiental e social, e nos queremos ser parte da solución, non do problema.

Solicitamos ó CFR de Ferrol unha máquina de coser de préstamo para poder traballar mellor na reciclaxe das prendas con 2º da ESO.
