Agasallos coa Cortadora Láser
A chegada da cortadora láser foi toda unha novidade no centro. Aínda que polo de agora so os maiores de Secundaria están a empregala, xa comezamos a explicarlles a diferentes cursos de Infantil e Primaria como funciona e cales son os procesos que fai para impresión e para corte.

Como queremos achegala á totalidade do alumnado, ocorréusenos que poderíamos terlles un agasallo feito coa cortadora aproveitando o 150 aniversario da fundación do Instituto Hijas de Cristo Rey. O agasallo gustoulles moito e serviu para que mostrasen interés polo seu uso.

Estamos tratando de ensinarlles pinceladas básicas de uso xa que nos quedamos sen tempo porque tivemos que tela parada debido a un problema de funcionamento, resolto entre a nosa asesora Cristina e o Servicio Técnico de Mr Beam.