LEGO Bricks chega ás clases de 1º e 2º de ESO de Tecnoloxía
A transmisión, os xiros, as poleas... soaban moi complexos para o noso alumnado cando estaban a velo teóricamente. A posibilidade de ver como é cada un dos movementos e o seu funcionamento foi posible gracias á construcción de algúns simpáticos elementos feitos con Lego que lles achegaron á Tecnoloxía a través dos xogos.


Trátanse de figuras sinxelas na súa elaboración, mais que teñen una triple finalidade moi importante: a observación con detalle en grupo para asegurarse de onde vai cada unha das pezas, a participación colaborativa e a motricidade fina, que unidos á mellora da comprensión dos concpetos físicos e tecnolóxicos, fixeron destas clases unhas horas moi dinámicas e divertidas.
O uso de este set ten grandes beneficios:
- Estimula a creatividade e a imaxinación. Os nenos crean estructuras, persoaxes, máquinas... fomentando a exploración libre e a orixinalidade.
- Mellora a resolución de problemas. Ó construir, os estudantes enfréntanse a desafíos estructurais e deben buscar solucións lóxicas eexperimentais.
- Potencia pensamento lóico e matemático, traballando conceptos como simetría, patróns, conteo...
- Aprendizaxe STEAM. Integración de ciencia, tecnoloxía, enxeñería, arte e matemáticas. Actividades como modelos de máquinas reforzan conceptos científicos de forma manipulativa.
- Mellora de habilidades blandas (soft skills)
- Fomenta o traballo en equipo, mellorando a comunicación, a escoita activa e o o respeto por ideas alleas.
- Fortalece a concentración e a paciencia.
- Seguir instrucciós, modificar deseños e solucionar erros require atención sostida e tolerancia á frustración.
- Estimula a autoestima. Terminar un proxecto con éxito reforza a autoeficacia e o sentido de logro personal.
- Apoio á inclusión e á diversidade.
