Pequenos constructores en Cristo Rey Ferrol
Tanto os máis pequenos do noso colexio como os alumnos de Primaria e de 1º de Secundaria tiveron unhas xornadas con moito traballo, descubrindo diferentes materiais e formas coas que facer realidade as súas ideas, a través do apilamento de bloques, buscando o equilibrio entre Kaplas... toda unha aprendizaxe que esperamos repetir en vindeiros días, e q
Os xogos de construcción (como LEGO, bloques de madeira Kapla, pezas magnéticas) son ferramientas moi valiosas na educación infantil e primaria. Ofrecen numerosas vantaxes no desenrolo integral de nenos e nenas mentres xogan:
- Vantaxes cognitivas.
- Desenrolan o pensamento lóxico e espacial.
- Fomentan a creatividade e a imaxinación.
- Estimulan o pensamento matemático, con conceptos como simetría, patróns, conteo, formas xeométricas...
- Vantaxes motrices.
- Desenrolo da moricidade fina.
- Melloran a coordinación e a precisión, entrenando destreza visual e atención ó detalle.
- Vantaxes sociais e emocionais.
- Fomentan o traballo en equipo.
- Aumentan a autoestima e a persverancia.












