Acceder

PRÉSTAMO DUNHA IMPRESORA 3D POR PARTE DA UDC

O Grupo de Polos do colexio Cristo Rey de Ferrol dospón dende hai poucos días dunha impresora 3D, froito do préstamo da Universidade da Coruña.

Hai uns meses os membros do Grupo e algúns compañeiros de Claustro fixemos unha formación de Modelado e Impresión 3D, chegando a xerar modelos que eles melloraron e imprimiron para nós, e culminando co préstamo desta impresora. Polo de agora, estamos a familiarizarnos con ela, pero xa comezamos a facer algunhas pequenas cousas… esperamos poder aproveitala ó máximo nestas próximas semanas a achegarlles o seu funcionamento e posibilidades ó noso alumnado.

image
image
image
image
image
image
image
image
image
image