Acceder

Our Christmas Pin

No proxecto interdisciplinar "Our Christmas Pin" participaron alumnos de 1º da ESO  a actividade consistiu na creación dun pin de Nadal personalizado, combinando habilidades manuais e coñecementos de circuítos eléctricos básicos.

Na fase inicial, os alumnos elaboraron deseños orixinais na clase de Inglés, que foron avaliados para seleccionar os mellores de cada grupo e, posteriormente, un a nivel xeral. Nas clases de Tecnoloxía o alumnado adquiriu os coñecementos necesarios para coser o pin de fieltro e montar o circuíto eléctrico mediante un díodo LED, unha pila de botón e adhesivos de cobre. Finalmente, en Inglés, fíxose unha breve descrición do deseño elixido.

Este proxecto fomentou a creatividade, o traballo en equipo e a aplicación dos coñecementos teóricos a un proxecto práctico, integrando eficazmente as áreas de Lingua Estranxeira Inglés e Tecnoloxía.

 

image
image
image
image
image
image
image
image
image
image

Blogs relacionados