PCR: Investigamos a escena dun crime
O día 26 de maio do 2025 o alumnado de 1º Bacharelato de Bioloxía, Xeoloxía e Ciencias Ambientais realizou a práctica “PCR: Investigamos a escena dun crime” no Laboratorio Aberto da Domus (A Coruña).
A sesión consistiu en simular unha análise forense empregando a reacción en cadena da polimerase (PCR) e a electroforese en xel de agarosa, para analizar as mostras de ADN de catro sospeitosos obtidas nun hipotético lugar onde se produciu un crime. Para desenvolver a práctica puxéronse batas de laboratorio, luvas e manexaron os instrumentos que empregan os científicos e científicas no seu día a día, desde micropipetas, termocicladora, cámara de electroforese…
Aquí podemos ver algunhas fotos e no seguinte enlace escoitar un podcast sobre a práctica realizada.