Acceder

Nova sinalización para o Sofía

image

O alumnado de 1º de ESO de Proxecto Competencial deseñou e creou carteis inclusivos para sinalizar distintos espazos do centro. 
O obxectivo era claro: facer do noso centro unha contorna máis accesible e inclusivo para toda a comunidade educativa. Para iso, os estudantes traballaron en equipo para deseñar carteis con elementos accesibles, como: 
Pictogramas, que facilitan a comprensión visual da mensaxe; Texto en Braille e Códigos Navilens, que permiten a través do móbil acceder á información con soporte auditivo e visual.

Queremos felicitar ao alumnado pola súa implicación, creatividade e sensibilidade, e ao profesorado por guiar con entusiasmo este proxecto tan enriquecedor. Seguimos construíndo un centro máis inclusivo entre todas e todos!

 

image