Crear un disparador para tiro parabólico
Argallando coa impresora 3D e Tinkercad, ao que lle adico un pouco de tempo sempre que podo, preparei uns disparadores para canicas que penso empregar no laboratorio de Física para as prácticas de tiro parabólico de 1 bacharelato.
O proceso é bastante simple e sae á perfección coa impresora 3D creality que ven de equipamento con polos creativos.
Podedes ver no enlace seguinte un vídeo onde explico o proceso de deseño, e tamén un pequeno corte de vídeo da impresora rematando o traballo. Ademais, prepareille un soporte cun goniómetro graduado, para poder medir o ángulo de saída. Penso que aínda vou facer algunha mellora, para limitar os ángulos de 15 en 15, mais iso xa o veremos noutra entrada do blog.
Blogs relacionados
- Ofrecimos aos distintos grupos a posibilidade de...
- Realizamos distintos traballos de deseño gráfico,...
- Cos distintos grupos cos que traballamos no Polo...
- Diversos proxectos realizados polos alumnos da...