Acceder

Publicación dos criterios para a selección do alumnado participante na mobilidade a Portugal

    EOI DE LUGO

    Na semana do 16 ao 23 de marzo de 2025, un grupo de alumnado e profesorado da EOI de Lugo realizará unha mobilidade a Portugal para observar o traballo nas bibliotecas escolares de Cidade do Entroncamento que se realiza en materia de oferta cultural, animación á lectura e á escritura, afabetización mediática e dixital, entre outros. Ademais tamén visitaremos as bilbiotecas públicas de Lisboa.

    Queres formar parte deste grupo de observación? Xa podes enviar ao correo eoi.lugo.programas.internacionais@edu.xunta.gal a túa carta de motivación para participar nesta mobilidade. O prazo para enviar a túa solicitude remata o día 14 de xaneiro.

    Na carta de motivación cóntanos por que queres participar nesta mobilidade e como pensas que a túa experiencia pode beneficiar a escola, especialmente a nosa biblioteca e o equipo de voluntariado.

    Consulta aquí os criterios para a selección do alumnado participante na mobilidade para visitar as bibliotecas da Cidade do Entroncamento e Lisboa en Portugal.

    A publicación da selección de participantes será o día 24 de xaneiro.

    Lembra estas datas:

    √ Presentación de solicitudes: ata o 14 de xaneiro.

    √ Publicación da listaxe de persoas seleccionadas: 24 de xaneiro.

    √ Realización da mobilidade: 16-23 de marzo.