IV Xornadas formativas de AGAMPI
Poñémonos novamente en contacto con vostede para presentar as IV Xornadas formativas de AGAMPI que se levarán a cabo o 8 de marzo no Auditorio Mar de Vigo (edificio UNED 4ª planta) e para solicitarlle que reenvíe este correo electrónico ao seu claustro por se fose do interés dalgún dos seus docentes.
Estas Xornadas teñen concedida a homologación previa da consellería de educación con 8 horas de formación e constan dunha parte formativa de mañá adicada a tres ponencias marco e a sesión de tarde adicada a obradoiros eminentemente prácticos (a elixir dous). Entre as ponencias marco poderemos desfrutar de nomes relevantes na educación como Chema Lázaro, Manuel Isorna ou Laura Adela (Equipo Laura).
Gustaríanos compartir co seu claustro esta pequena actividade polo que lle deixamos como documentos adxuntos o anuncio e a inscrición para as IV Xornadas de Pedagoxía Terapéutica: "Aprendizaxes diversas para aulas inclusivas" que teremos próximamente.
Agradecemos comparta esta información co seu claustro e quedamos a súa disposición para calquera cousa na que podamos colaborar.
Pode atopar información sobre nós nas redes sociais (Facebook, Instagram e Twitter) e na seguinte páxina web https://agampi.es/
P.D. Aproveitamos este correo electrónico para comentar tamén en abril haberá outra formación sobre Disciplina Positiva na zona da Mariña Lucense. O 21 de maio levarase a cabo unha webinar de un par de horas con Coral Elizondo. Todas estas actividades son de balde para os nosos socios/as salvo as xornadas.
Un afectuoso saúdo
O equipo AGAMPI