Acceder

PALABRAS QUE PINTAN O CEO DE GALEGO

"As palabras que pintan o ceo" é un proxecto do área de Lingua Galega que ten como obxectivo principal achegar ao alumnado á riqueza léxica da nosa lingua a través dun fenómeno moi presente na nosa contorna: a chuvia. Ao longo da proposta, exploraremos as múltiples maneiras que existen na cultura galega para denominar distintos tipos de chuvia, coñecendo palabras populares, expresións tradicionais e refráns que forman parte do noso patrimonio inmaterial. Trátase dun proxecto que une lingua, identidade e medio natural, favorecendo o respecto pola diversidade lingüística e cultural de Galicia.