Acceder

Inicio de curso

    Raquel Zaplana Rodríguez

    Cando comezou a chegar o material de Polos Creativos, as mestras que formamos parte do equipo do CEIP Isaac Peral puxémonos mans á obra. O primeiro paso foi baleirar o espazo que temos reservado no centro para dedicarlle ao proxecto.

     

    Tocounos recoller, seleccionar e acondicionar todo o espazo, unha tarefa que esixiu tempo e esforzo, pero que afrontamos con ilusión e moita enerxía.

     

    O lugar non é moi grande, pero sabemos que con esforzo e unha boa dose de enxeño conseguiremos sacarlle todo o partido posible. Este é só o comezo dunha iniciativa que agardamos que medre e nos permita aprender e compartir moito máis. Seguiremos contando os avances por aquí!

    Podedes ver o álbum de fotos desta primeira etapa https://agueiro.edu.xunta.gal/photos/album/25430/inicio-de-curso-nos-polos-creativos