Varios recursos para traballar sobre o ODS 4
Quero compartirvos estes recursos que me pareceron interesantes sobre o ODS 4. Son de diversos tipos: unha imaxe, un vídeo, unha ligazón a un artigo…
Unha imaxe relacionada coa educación

Imaxe de Sabrina Eickhoff en Pixabay. Licenza Pixabay.
Ligazón a un artigo sobre o tema e un resumo do seu contido
- Atopei este artigo na web da UNESCO: Preguntas y respuestas: Cómo ha evolucionado la inclusión en la educación (2024).
- Pareceume interesante, pode axudar a entender se está a acadarse o ODS 4. O artigo trata da importancia de que todos os rapaces e rapazas poidan aprender xuntos nas mesmas escolas, sen importar as súas capacidades ou características. Fala da Declaración de Salamanca, un acordo mundial feito en 1994 para impulsar a educación inclusiva. Dende entón, acadáronse moitos avances, coma mellorar a formación do profesorado ou empregar tecnoloxías que axuden ao alumnado. Porén, aínda hai problemas por resolver, especialmente para os nenos e nenas que viven en situacións difíciles.
Un vídeo en YouTube que pode servir para o debate
Sebastian Beltrame. En Foco, Así es la educación en Finlandia. Licenza Youtube estándar.
Neste vídeo, o programa de TV En foco fai unha reportaxe nunha escola de FInlandia para comprobar como funciona alí o sistema educativo. Explican que, en Finlandia, o currículo céntrase en competencias transversais e na convivencia, con avaliacións baseadas na autoavaliación e no diálogo co profesorado e as familias, promovendo unha aprendizaxe consciente e personalizada, mentres que a organización das clases favorece o traballo cooperativo e adaptado ao ritmo de cada persoa.
Un episodio dun pódcast
Neste episodio de El podcast de Rafa Guerrero, falan sobre o uso excesivo dos dispositivos tecnolóxicos entre os menores. Rafa Guerrero entrevista a Marc Masip, psicólogo especializado na adicción ás novas tecnoloxías e director dos centros Desconect@. Analízase a situación actual da xuventude respecto ao uso da tecnoloxía, e Marc Masip achega algunhas orientacións para construír unha relación axeitada co móbil e outros dispositivos.
O contido deste episodio conecta co ODS-4 porque aborda a necesidade de educar á xuventude nun uso responsable e equilibrado da tecnoloxía. Formar ao alumnado sobre os riscos do abuso dos dispositivos contribúe a desenvolver competencias clave para a vida, como o pensamento crítico, o benestar emocional e a cidadanía dixital responsable.
Un xogo en Quizziz para o alumnado
Creei un pequeno xogo na plataforma Quizziz para traballar co alumnado algunhas ideas básicas sobre o ODS 4.
Queres probalo? Velaquí está a ligazón ao xogo:
https://quizizz.com/join/quiz/67fa41211adf78de54f20129/start?from=admin&preview=true (preme en “Vista previa como esudiante”).