Acceder

Información sobre Seccións Bilingües de Física e Química

Estimadas familias:

Dentro da oferta educativa do IES Lamas de Abade inclúese a posibilidade de cursar a materia de Física en Química desde 2° a 4° de ESO dentro dunha Sección Bilingüe (SB) en Inglés. 

Para iso, o profesorado do departamento posúe a acreditación necesaria para impartir a materia en lingua inglesa, seguindo os principios do ensino AICLE (Aprendizaxe Integrado de Contidos e Lingua Estranxeira) 

 

O desenvolvemento dos programas de Seccións Bilingües buscan mellorar a capacitación do alumnado para comprender e expresarse con fluidez en lingua inglesa, valorando a utilidade da lingua estranxeira empregada e facilita a súa capacitación para obter os certificados acreditativos de lingua B1/B2 do MCERL para as linguas.

 

A creación de SB nun centro permite o desdoblamento dos grupos da materia implicada, o que favorece a creación de grupos menos numerosos, co que se facilita o desenvolvemento de actividades prácticas e metodoloxías activas.

O compromiso das familias, unha vez deciden a participación dos seus fillos ou fillas nunha SB, debe manterse durante un ano escolar, podendo incorporarse á SB en calquera curso de secundaria, co acordo dos departamentos de Inglés e Física e Química.

 

Por todo isto, no caso de que poidan estar interesados en participar no programa de Seccións Bilingües, agradecemos a súa asistencia á reunión que se celebrará o martes 29 de Abril ás 19h.

 

Sen outro particular, atentamente:

Profesorado do Dpto. de Física e Química do IES Lamas de Abade

 

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/resolucion_programa_de_seccions_bilingues_2024-2025.pdf