Obradoiro de voces africanas con Dyana
Iniciou o obradoiro cunha charla interactiva, con escoitas musicales variadas e demostracións que serviron como introdución para a aplicación da música cubana, feeling, o Son e os cantos Yorubas africanos emigrados a Cuba nos séculos pasados.
Disfrutamos dunha sesión enriquecedora e creativa. Conseguimos que o alumnado aprendera relaxación, manexo da respiración diafragmática, dicción… que lles motivou ata o punto de vencer a súa vergoña e cantar sen ningún tipo de complexo.
Durante as dúas horas que durou o taller, o interese e participación do alumnado non decaeu e os temas que cantaron estiveron cheos de emotividade e sentimento. Esta motivación logrou que as súas interpretacións foran realmente máxicas.