Acceder

Recursos para atopar a calma

A seguinte proposta didáctica consiste na elaboración do deseño e planificación dun aula multisensorial  a crear nun CEIP durante o presente curso escolar. Con esta fin elaborase un listado de materiais e recursos para dar atención ao alumnado das etapas de infantil e primaria, durante todo o curso escolar en diferentes momentos e ca finalidade de proporcionarlles calma ou estimulación sensorial,  promover a propiocepción e a regulación emocional. 

Ademais este espazo permite usos múltiples en colaboración co departamento de orientación do centro e co equipo de biblioteca, entre outros.

A programación das actividades publicarase nas diferentes entradas do blog de Agueiro e recolleremos imaxes das diferentes actividades no album de fotos 

Nesta páxina compartirei unha pequena relación de recursos que dentro da aula de PT poden contribuír a atopar a calma e o silencio interior que precisamos para parar, respirar e escoitarnos. Este será un espazo que contribúa ao benestar emocional, aportando acougo nun espazo acolledor ao alumnado.

image

Para crear o noso espazo precisaremos de diferentes recursos, dependendo das nosas posibilidades e necesidades. 

Podemos, por exemplo, ofrecer un espazo de descanso e calma, equipado con:

  • auriculares para reducir o son ambiental
  • altofalante onde reproducir sons relaxantes 
  • coxín xigante e algúns pequenos de diferentes cores e pesos 
  • alfombra que nos permita camiñar ou apoiar os pés e tomar contacto  
  • asento alternativo que permita unha postura máis sentada
  • luz natural con cortinas ou persianas que permitan regular a súa intensidade

 

 

image

Outro recuncho posible sería un espazo equipado cunha cabana onde crear un refuxio, proxectar cores nas paredes ou enchela de bolas de cores ou translucidas para xogar ca luz. 

Podemos contar con:

  • Lanternas, luces led, …
  • Aros e círculos translucidos de cores
  • Bolas translucidas 
  • Kamishibai
  • Figuras para o teatro de sombras …
  • Diferentes formas e cores de luces 
  • Reloxos de lava…

 

Estas son algunhas pequenas pinceladas para a construción dun espazo amable para o alumnado que están pensadas especialmente para a atención emocional e o traballo en habilidades sociais, pero que se pode compartir ca comunidade educativa para diferentes actividades. Un espazo que pode ir medrando pouco a pouco cas diferentes aportacións dos membros desta comunidade. 

A dinamización do espazo e a proposta de actividades realizarase a través dos boletíns e temas de debate dentro do blog de agueiro. 

image