Acceder

Ciencias Naturais no proxecto "Descubrindo con Julio Verne"

    Josefa Rodríguez Chao

    Dende o departamento de Ciencias Naturais colaboramos no traballo por proxectos deste curso inspirándonos en dúas obras de Verne.

    “Viaxe ao centro da Terra” levounos de viaxe ao museo da minaría de Arnao onde descendimos ás galerías e descubrimos a difícil labor dos mineiros que traballaban en durísimas condicións na profundidade da explotación.

     

    image

    No museo da mina, descubrimos o título dunha obra pouco coñecida de Verne que versa sobre as minas de carbón, “ As indias negras”, que era como se coñecían estas explotacións.

    Aproveitamos a viaxe para visitar o Museo do Xurásico de Asturisas (MUJA), onde descubrimos a vida animal que poboaba a rexión hai 100 millóns de anos. Criaturas que ben poderían ser atopadas polos protagonistas da obra de Verne cando chegan a ese mundo perdido no interior da Terra na devandita novela do autor francés.image

    No marco da obra de Verne “Viaxe ao centro da Terra” recibimos no instituto a dous profesores da Escola de Minas da Universidade de Vigo que nos impartiron un obradoiro de recoñecemento de minerais no laboratorio do centro.

    image

    Inspirados pola obra de Verne “20.000 leguas baixo dos mares”, e colaborando co Museo Provincial do Mar, acollemos a exposición do seu algario na galería do noso centro, mergullándonos así nas profundidades mariñas.

    image

     

    O alumnado de 3º de PDC, no ámbito científico-tecnolóxico,  traballou a paisaxe enfocándose naquelas percorridas polos protagonistas das obras de Verne que leron no ámbito lingüístico.

    “20000 leguas baixo dos mares”- Relevo submarino.

    "Viaxe ao centro da Terra"- Volcáns e estrutura interna da Terra.

    “ A volta ao mundo en 80 días”- Outras paisaxes.

    “ Miguel Strogoff”- Paisaxes de xeo.

    image