Acceder

Tecnoloxía no proxecto "Descubrindo con Julio Verne"

    Josefa Rodríguez Chao

    ACTIVIDADE 1: INVENTOS DA ÉPOCA DE JULIO VERNE

    Con esto fixemos unha análise dos inventos na época de Julio Verne, sendo unha época de gran cambio social e con grandes avances, o que aproveitou Julio para plasmar nos seus libros moitos dos mecanismos en evolución e que fixeron que fose considerado o pai da ciencia ficción. 

    O alumnado traballou en grupos e buscou información clasificando inventos e dos cales despois elexiron 10 dos que consideraban mais relevantes e que aparecían nas novelas de Julio Verne, e con eses datos elaboraron unhas liñas do tempo en cartulina. Aquí podedes ver os resultados.

     

    image

     

    image
    image
    image
    image
    image
    image
    image


     

     

     

     

    ACTIVIDADE 2: GLOBO PARA A PAZ

    Con motivo do día da paz decidimos abordar unha viaxe imaxinaria imitando a novela de Julio Verne “5 semanas en globo”, esta viaxe consistiu en que cada un de nós traería un trozo de tela dunha prenda que fose moi especial para él, simbolizando así que de histórias pequenas poden facerse historias mais grandes, como o propio Julio dixo nalgunha ocasión. Aquí van uns retazos de como foi o proceso do traballo coas telas, que primeiro cortaron, despois pegaron cunha entretela e por último coseron os cadrados, montando por último a estructura do globo.

    image
    image
    image
    image

    Por último tamén co voluntario da radio locutaron as historias desas telas. Podes escoitar as historias no seguinte enlace.

    ENLACE AO PROGRAMA DO IVOOX

    ACTIVIDADE 3: COHETES E SUBMARINOS

    Tomando como base as novelas “Viaje a la luna” e “5000 leguas de viaje submarino”, fixemos uns cohetes e submarinos utilizando botellas de plástico e variado material reutilizable. A idea era que o alumnado buscara información de cómo levar a cabo os deseños e puxeran en marcha de novo a creatividade. 

    image
    image

    No seguinte enlace podedes ver o resultado dos lanzamentos do cohete.