Acceder

TEATRO: "A sereiña Ariel, a heroína dos océanos" Todo 6º de Ed. Primaria

    Maribel Rozados

    EDUCACIÓN FÍSICA

    É a adaptación do conto da serea. Elaborouse na área de E.F. para levarse a cabo co alumnado de sexto. É un pequeno musical que trata o tema da contaminación dos océanos e a necesidade de que a humanidade se una para buscar solucións a este problema para a vida mariña e submarina. Así mesmo, a heroína é unha muller. Rómpese deste xeito co estereotipo de que  a muller é a débil e debe ser salvada. A educación física, abarca a maioría dos contidos da materia con esta obra. Realízanse actividades de mimo, expresión dramática, danza con distintas coreografías, ximnasia, acrosport... 

         A área de música, colaborou cunha canción que fixo e interpretou o grupo de 6º A. 

       O 16 de xuño representarase no centro, e para as familias, farase o 18 pola tarde, no salón de actos de Bertamiráns. É o acto de despedida do alumnado de sexto do que foi o seu centro durante 9 cursos.

    Se queres ver un pequeno resumo da obra de teatro interpretada no centro

    preme aquí

    image

    Se queres ver un pequeno resumo da obra de teatro interpretada na Casa da Cultura de Bertamiráns para ás familias

    preme aquí

    image