CONCURSOS AO REDOR DO PROXECTO "DESCUBRINDO CON JULIO VERNE"
No marco do proxecto “Descubrindo con Julio Verne” propúxose ao alumnado un concurso de Antroido, no que se propoñía inspirarse na obra e na época do famoso escritor para disfrazarse. Na festa na que se celebrou o Antroido no centro, fixeron bailes e actuacións teatrais nas que amosaron a súa creatividade á hora de traer á vida algunha das obras de Verne, como “Viaxe á Lúa” ou "A volta ao mundo en 80 días".
1º premio: 2º ESO
2º premio: 2º Bacharelato

Igualmente convocamos un concurso de relato curto no día do libro, no que o alumnado participante debía imaxinar un conto no que apareceran criaturas mariñas fantásticas, inspirados pola obra “20.000 leguas baixo dos mares”.
A gañadora do concurso foi unha alumna de 2º ESO, que ademais presentou o relato incluíndo ilustracións. Aquí podedes ver o relato gañador:
