Acceder

Proxecto Competencial no proxecto "Descubrindo con Julio Verne"

    Josefa Rodríguez Chao

    En Proxecto plantexouse o primeiro trimestre un traballo escultórico coa técnica do Papel Maché e en gran formato. 1º e 3º da ESO recrearon os medios de transporte que aparecen nas obras de Xulio Verne, como o tren, barco, globos aerostáticos.. pero tamén elementos que complementan esas formas: o calamar, a escafandra..

    image
    image
    image

    2º da ESO centráronse na paisaxe de “Viaxe ao centro da terra”

     

     

    4º da ESO  reproduciron portadas das novelas coa técnica do alto e baixo relevo e imprimindo o texto en vinilo no plotter.

    image
    image
    image
    image
    image

    No 2º trimestre  1º, 2º e 3º  tiñan que deseñar no programa de deseño vectorial Inkscape un logo ( previamente tiñan que realizar unhas prácticas para aprender o manexo do mesmo ). Este logo tiña que incluír ou ben referencias  ás novelas escritas ou visuais pero representar unha empresa da súa invención.

    4º da ESO farían unha Tote Bag, cortando o patrón en lenzo, imprimindo as plantillas para pintar e finalmente coser as mesmas. Este proxecto extendeuse ao terceiro trimestre.

    Para finalizar 1º da ESO compuxeron en grupo un cómic onde se representaba a Verne visitando Mondoñedo coa técnica do collage.

    image

    Para 2º e 3º centrámonos nas primeiras reproduccións da imaxe en movemento ( contemporáneas a Xulio Verne ) para , por mor do pouco tempo que nos quedaba, realizar o seu proxecto en cronofotografía, o que hoxe coñecemos como Flip Book.

    image