Lecturas no proxecto "Descubrindo con Julio Verne"

Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. Ledicia Costas.
O alumnado de 2º Eso traballou a partir do libro de Ledicia Costas un anaquiño da historia de Julio Verne vista polos ollos da autora, Ledicia Costas.
Seguimos os seguintes pasos á hora de elaborar o traballo:
. Lectura dramatizada da obra na aula un día á semana.
. Dramatización da obra narrativa destacando aquelas anécdotas máis chamativas ou que máis os impresionaron.
. Posteriormente, algunhas das obras trataron de representarse na aula.
Velaquí un exemplo do traballo realizado polo alumnado:
https://www.calameo.com/read/0079543477d4789cbe3a0
LIBROS DE LECTURA FÁCIL (LF)
Aproveitamos que este ano tivemos dentro do PFPP do centro un curso e un seminario a redor da lectura fácil. Quixemos como non aproveitar os libros de Julio Verne que hai na biblioteca e que son de LF para traballar co alumnado de 3º e 4º PDC no ámbito ligüístico e social. O alumnado leu en LF (Lectura Fácil) os seguintes libros:
![]() | ![]() |
![]() | ![]() |
- Miguel Stroggof.
- La vuelta al mundo en 80 días.
- Viaje al centro de la tierra.
- 20000 leguas por baixo dos mares.
Recolleron en cartaces os personaxes, os medios de transporte, as rutas , e o léxico aprendido.