Proxecto RRR
Transformamos as caixas de refugallo que tiñamos polo centro en caixas para o lixo para poñer en 1º e 2º da ESO. O obxectivo é poder reciclar os residuos do día a día, espedialmente os da merenda. Temos agora catro contedores:
- AZUL. A caixa azul é para restos de cartón e papel que estea limpo.
- MARELO. A caixa marela é para envases de plástico, briks e metal.
- MARRÓN. A caixa de orgánicos é para residuos de comida.
- RESTOS. A caixa gris é para todos os refugallos que non caian en calquera das outras caixas.
Que fago se non sei, se non estou segura/o de onde vai? Ao contedor de sempre, ao GRIS. Se teño papel e cartón limpo (xornais, caixas), para o AZUL. Se teño envases da merenda, para o MARELO. Se teño un cacho do bocata ou un carozo? Para o MARRÓN.