Día do cómic 2025
No CPR Jorge Juan de Xuvia celebramos o día do cómic (15 de marzo), cunha pequena expo do traballo do alumnado que puxemos na Aula de informática. Para completar, deseñamos un cartel para titular o proxecto usando InkScape e fixémolo realidade na cortadora láser, quedando esta proposta tan chula polo 15-M.
Nas imaxes podemos ver un plano xeral da exposición e fotos detalle con algúns traballos do alumnado, onde podemos ver que hai moito nivel na materia de EPVA en 1º da ESO.