Acceder

Proxecto Aula de informática

Para introducir o material de Polos creativos nos contidos curriculares, imos utilizar o deseño vectorial. A ferramenta InkScape vainos permitir conectar as actividades de imaxe dixital coa cortadora láser, o que nos vai permitir experimentar cun ciclo completo de deseño: brainstorming, bosquexo de ideas en papel, deseño dixital, prototipado e impresión final en madeira. 

Para este proxecto, o obxectivo final é deseñar cartelería nova para a aula de informática. Para ilo, organizamos un concurso de carteis tras traballar a unidade de imaxe dixital con InkScape nas materias de Educación Dixital e Dixitalización, co alumnado de 3º e 4º de ESO, respectivamente. Parte do alumnado tamén estivo presente na fase de realización deste proxecto, usando a cortadora Mr Beam para o corte e gravado láser. 

As imaxes que adxuntamos son de todo o proceso: algúns dos arquivos .csv do traballo co software de deseño e logo os resultados en madeira. Unha destas propostas será colocada como novo cartel da Aula de informática, como celebración da aprendizaxe e peche deste proxecto.