Proxecto Aula de Polos
Uns obxectivos principais do Polo creativo de Xuvia era empezar a configurar un espazo adicado integramente a experimentar co material de Polos creativos. A idea é xerar un punto no cole onde traballar coa tecnoloxía de forma construtiva, tanto en horario lectivo (Proxecto competencial, Dixitalización) como noutros tempos, en especial a hora do recreo.
Como parte da construción da identidade da nova aula, había que buscar un nome e facer cartelería para indicar o espazo. Por tanto, xa que se traballa en deseño vectorial con InkScape nas materias de Educación Dixital e Dixitalización, conéctase este contido curricular con este proxecto transversal de Polos creativos.
Nas evidencias podemos ver algúns deseños en .csv e algún resultado final tras facer o corte en madeira. Unha destas propostas será a afortunada de ser pendurada na entrada da clase, mentres que as outras servirán para decorar a propia aula, demostrando que o Polo creativo de Xuvia é un proxecto vivo.