Acceder

Proxecto parches

No noso empeño por incorporar a cortadora á vida cotiá do cole e aos contidos curriculares, o departamento de Tecnoloxía fixo por converter as unidades sobre Deseño de imaxe nun proxecto do que puideran saír produtos físicos. O alumnado de 3º e 4º usa InkScape para xerar imaxes vectorizadas e separadas por capas de cor, a fin de poder ser cortadas en tela ca cortadora. 

Finalmente, foi imposible chegar á fase final do proxecto, por falta de tempo, pero os arquivos .csv quedan listos para corte.