Física de partículas nos Polos
Usamos o kit singular que foi entregado durante o curso de Física de partículas do CFR, en colaboración co Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE). O xogo de bloques de construción foi usado para unha actividade con 1º de ESO, dentro da unidade didáctica de programación na materia de Tecnoloxía e Dixitalización.
Que ben o pasamos usando os bloques de construción para ter unha primeira experiencia programadora!