Vivendas sostibles
Durante este curso, os Polos Creativos serán o eixo de unión dun proxecto interdisciplinar sobre as vivendas sostibles, no que participará alumnado de diversas materias coma Tecnoloxía, Economía, Bioloxía e Xeoloxía, Inglés e Matemáticas.
Os resultados presentáronse no "II Día da Ciencia no Moncho", a nosa modesta feira científica, que se celebrou o 11 de abril.
O alumnado elaborou maquetas de vivendas, empregando o maior número de materiais reciclados posibles. Posteriormente, engadiron sensores de Arduino ou Microbit que permitiron tomar medicións da temperatura e humidade no interior das mesmas, e colocáronse en diferentes localizacións do centro.
Unha vez estiveron recollidos os datos, analizáronse e determinouse que vivendas rexistraron os valores máis altos e máis baixos, estudando o consumo enerxético e o posible gasto derivados deses valores.
Para finalizar, abordouse o concepto de "vivenda sostible" e as repercusións que a súa construción ten, non só a nivel individual no referente ao aforro económico, se nón para o planeta.