Acceder

Xoiaría dixital

Como actividade final da unidade de edición de imaxe e deseño vectorial co alumnado de Educación Dixital de 3º, estivemos facendo deseño de xoias e outros elementos decorativos usando InkScape. Hai xente que fixo marcapáxinas, outras que fixeron pendentes e outras que optaron por chaveiros ou figuriñas. 

As que mellor quedaron puideron levarse á cortadora, pero aínda faremos máis de aquí a final de curso, pois estou seguro que en canto o alumnado teña na man o resultado, vai querer seguir producindo ideas. Moitas desas ideas faremos por levalas á realidade, pois na aula de Polos é o lugar das ciencias, onde se fai a maxia.