Acceder

Edo furin

Co departamento de Música levamos a cabo un proxecto transversal de creación de edo furin, que son unhas campás de vento xaponesas. Entre todas, decidimos tratar os deseños do alumnado, a través de InkScape, para simplificar e poder levar á máquina os deseños, pois os deseños a man alzada son todo un reto para o software da cortadora láser. 

Ao final, quedou todo bastante ben, e en cuestión de 10-15 minutos, a cortadora foi quen de sacar adiante estes deseños tan orixinais. Finalmente, optamos por quitar os arquivos en cartón de dobre onda reciclado, a fin de construír logo as campás de vento de Tokyo e penduralas no patio ou na aula de Música. 

Para fin de curso esperamos ter fotos dos resultados finais, o 26 de maio estaban pintando as campás!