Aula Polos
Estamos en proceso de poñer a andar a nova aula de Polos Creativos, onde se ha centralizar todo o material chegado para o grupo. Ademais, contamos con que esta sala sexa o corazón da innovación educativa e as novas tecnoloxías de cara ao curso que vén: o lugar onde facer actividades en horario lectivo e non lectivo, onde expoñer creacións e proxectos, onde traballar contidos curriculares e extracurriculares, etc.
A idea é xerar distintos espazos dentro da aula, en función do seu uso. De momento, temos tres recunchos diferenciados:
- Zona de corte láser: cortadora Mr Beam e equipos auxiliares, espazo para o PC, materiais de corte, sistema de filtrado de aire, enchufes e conexións, etc.
- Zona de programación e robótica: as placas Raspberry e os kits de electrónica. Robots.
- Zona de construción: xogos de construción, de montaxe, o Kaplan, etc.