Acceder

Espazos ciberseguros

Espazos ciberseguros no CPI de Zas

Dentro da campaña “Clics Seguros en Zas”, no noso CPI demos un paso máis na concienciación sobre o uso responsable das tecnoloxías, creando varios postos de ciberseguridade accesibles para toda a comunidade educativa. Podemos atopar estes espazos ciberseguros nas seguintes ubicacións:

 

  • Na entrada do centro, ao carón da zona administrativa, habilitouse un espazo con materiais informativos e recursos clave sobre seguridade dixital. Este punto está dispoñible para toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, familias, persoal non docente e todas aquelas persoas que visiten o noso centro.
  • No corredor de Infantil e Primaria, creouse outro posto dirixido ao alumnado que cursa as primeiras etapas educativas no noso centro.
  • No taller de Tecnoloxía, ao que ten acceso o alumnado de Secundaria e onde traballan diariamente. Alí poden consultar, manipular e levar consigo copias dos materiais elaborados que máis lles interesen.
  • Como novidade, na biblioteca do centro estase a crear outro espazo ciberseguro, onde, ademais de difundir o material durante a campaña, haberá recomendacións lectoras que aborden temas de ciberseguridade.

Este álbum recolle imaxes destes espazos que non só informan, senón que sementan conciencia, responsabilidade e seguridade para construír, entre todos e todas, unha escola máis conectada e segura.