Acceder

FALADOIRO DO MUÍÑO 18

FALADOIRO: "PESCA E MOVEMENTO"

Continuamos cos Faladoiros e esta vez tivemos a sorte de contar con toda a familia de NORA.  Sí, o seu irmán que ten 3 mesiños tamén.

Trouxéronnos un xogo de pesca para levar a cabo por equipos, cada un tiña asignado unha cor e tiña que pescar as tarxetas correspondentes a dita cor que á súa vez se correspondían cunha temática diferente: profesións, deportes, cousas da praia ou animais mariños.

Unha vez formados os equipos puxémonos mans á obra e por quendas tivemos que ir pescando ata conseguir as oito tarxetas correspondentes á cada cor.

Todos os equipos conseguimos o reto e  de premio conseguimos un carné de pescador.

Grazas pola vosa colaboración.