Acceder

SEMENTANDO CANTARES

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames en colaboración cos Equipos de Dinamización da Lingua Galega dos centros educativos de infantil e primaria puxeron en marcha a actividade Sementando Cantares. Con ela preténdese contribuír a festexar as Letras Galegas 2025, no ano no que se lle dedican á poesía popular oral, con especial protagonismo para as pandereiteiras e cantareiras que coidaron e transmitiron a nosa tradición musical. Nos centros estiveron facendo por aulas unha escolma de cantares e plasmándoos nunhas fichas que lles facilitaron desde o SNL. Esta semana estanse colocando as fichas en diversos lugares do concello. Quen as encontre pode movelas e colocalas noutros lugares para continuar a sementeira. 

Aquí tedes algúns exemplos da nosa sementeira.