Acceder

CELEBRAMOS O NADAL con Panxoliñas e Moita Diversión!

Este Nadal, os nenos e nenas de Primeiro A, xunto co resto do cole, fixeron unha festa moi especial para celebrar estas datas tan máxicas. Para comezar, vestíronse de gala, cos mellores traxes para vivir a ocasión! Tamén tivemos un momento delicioso, onde tomamos os famosos gusanitos das badaladas de fin de ano, brindando xuntos pola chegada do novo ano.

Pero iso non foi todo! Cantamos panxoliñas cheas de ilusión e alegría para compartir o noso espírito nadalenco con todos. Foi unha xornada chea de risas, música e momentos especiais que todos gardaremos no corazón. No vídeo podedes ver como desfrutamos desta festa tan especial! 🎄🎶