Acceder

ENTROIDO RAMALLOSEIRO: Recordando 50 Anos de entroido

Este ano, no colexio, celebramos un Entroido moi especial! Os nenos e nenas de Primeiro A uníronse á festa con moita ilusión para conmemorar o Entroido Ramalloseiro Remember 50 Anos. Traballaron con moito esforzo e alegría, preparando unha coreografía que nos deixou a todos sen palabras.

A temática deste ano foi os oficios, e os pequenos convertéronse en barbeiros, carpinteiros, profesores, médicos e moitos outros personaxes que representan as profesiòns máis importantes da nosa sociedade. Aprendemos moito sobre os diferentes traballos que existen, e ao mesmo tempo, pasámolo xenial ensaiando e preparando as coreografías que bailaron durante a festa.

Foi unha xornada chea de cor, creatividade e moito, moito ritmo! Non só celebramos o Entroido, senón que tamén reflexionamos sobre o valor de cada oficio e a súa importancia no noso día a día. Felicidades aos nenos e nenas de Primeiro A por tan marabilloso traballo! 🎭🎉