Un día inesquecible no Grove para o primeiro ciclo de Primaria!
O pasado martes 3 de xuño, o alumnado do primeiro ciclo de Educación Primaria do noso colexio gozou dunha xornada moi especial no Grove, cargada de emocións, diversión e aprendizaxes.
Desde primeira hora da mañá, a ilusión xa se notaba nas caras dos nenos e nenas. Ao longo do día, participaron en diferentes actividades e probas e viviron novas experiencias e compartir momentos inesquecibles cos seus compañeiros e compañeiras.
Foi unha xornada na que non faltaron as risas, as sorpresas e o espírito de colaboración. Cada xogo e cada reto foi unha oportunidade para medrar en autonomía, reforzar os lazos de amizade e, sobre todo, desfrutar aprendendo.
Regresamos cansos pero felices, con moitas historias para contar e a mochila chea de recordos que gardaremos con moito agarimo.
Grazas a todos os que fixestes posible esta saída tan especial!