🎭 A casa da mosca chosca: teatro con monicreques en 1º de Primaria 🐝
O alumnado de 1º de Educación Primaria gozou esta semana dunha experiencia máxica e divertida coa representación do conto A casa da mosca chosca mediante monicreques.
Ao longo dos últimos días, as nenas e nenos traballaron en grupo na preparación desta pequena obra teatral. A actividade permitiulles traballar a expresión oral, a creatividade, o traballo en equipo e, sobre todo, vivir o conto desde dentro, meténdose na pel dos personaxes.
A representación final, feita para os compañeiros/as doutras aulas, foi un auténtico éxito! Risas, emocións e moita ilusión encheu o espazo, convertendo a lectura en algo vivo e compartido.
Unha maneira fantástica de achegar a literatura ao alumnado, dándolle vida e sentido a través do xogo teatral.
Parabéns aos pequenos actores e actrices de 1º!