FIN DE CURSO
Puxemos o broche de ouro a un curso cheo de aprendizaxes, amizades e momentos inesquecibles. No último día de clase, os peques gozaron dunha mañá máxica con xogos, colchonetas e a esperada festa da escuma. Risas, saltos e moita ilusión marcaron esta xornada tan especial.
Agora si… xa son oficialmente nenos e nenas de Segundo!
Primeiro curso superado con éxito, e non podemos estar máis orgullosos/as de todo o que medraron ao longo destes meses.
Bo verán a todas as familias!
Voltaremos en setembro con máis ganas ca nunca.