Contido multimedia
Obxectivos
Pluviómetro Parlante con placa Makey Makey
Adaptación do titorial https://www.instructables.com/Talking-Measuring-Cup/ ( por julierkokan in Teachers->Engineering CC-BY-CN-SA) para empregalo co alumnado dentro das actividades do Plan Proxecta "Meteoescolas" coma Pluviómetro Parlante
- Mostrar interese polas medicións metereolóxicas.
- Construir o seu propio pluviómetro.
- Calibrar o pluviómetro. Calcular as marcas en l/m2
- Coñecer a placa de prototipado Makey Makey e o software de programación por bloques Scratch.
- Realizar un programa sinxelo para que o pluviómetro "fale".
Explicación
Un dos enfoques que podemos darlle ao proceso tecnolóxico é o de pensar empaticamente.
Hai persoas con dificultades visuais que non poden ler as marcas de nivel nun pluviómetro, para axudalas e para simplificar a recollida de datos imos crear un "Pluviómetro Parlante".
O noso pluviómetro non só indícanos cando a choiva recollida chega ata certas cantidades, senon que nolo traduce a l/m2.
Obviamente, este é só un prototipo xa que estárá enganchado ao ordenador, pero con outra placa controladora poderíamos facelo independente.
O noso vaso medidor é un recipiente cilíndrico de plástico de 9 cm de diámetro na súa base. Polo que aproximadamente fixemos os seguintes cálculos:
Calculamos a superficie da base do noso pluviómetro:
Aproximadamente, o resultado é de 0.0064 m2. Despois calculamos simplemente dividindo cántos l/m2 recolleríamos se no noso pluviómetro chegase ata os 100ml, 200ml, 300ml, etc.
E, para que sexa máis sinxelo, simplificamos aproximadamente.
0,006362 | 15,72 | 31,44 | 47,16 | 62,88 | 78,60 | 94,31 | ← dividimos litros /superficie |
π*d2/4 | 0,10 | 0,20 | 0,30 | 0,40 | 0,50 | 0,60 | Litros no vaso |
Apróximadamente | 15 | 30 | 45 | 60 | 75 | 100 | litros por metro cadrado |
Preparamos o vaso
Preparamos o noso vaso do seguinte xeito. Un cable no fondo do vaso será o que peche o circuito dos sensores. Calibramos o noso vaso a 100 ml, 200 ml e 300 ml. En cada unha das alturas pegamos un cable con cinta illante. Agora levaremos estes cables sensores á conectar á placa de prototipado Makey Makey.
Conectamos á placa Makey Makey e ao ordenador
Imos conectar os nosos sensores á botóns da Makey Makey.
O cable do fondo do vaso medidor irá á Terra (Earth na placa). Logo os sensores de niveis poden ir por exemplo á frecha abaixo, frecha dereita e frecha arriba respectivamente.
Conectaremos á placa ao ordenador vía USB.
Programamos en Scratch
Para facer este programa empregaremos Scratch 3 online (aínda que poderíase programar en versións anteriores).
Para acceder á web de Scratch iremos á dirección web: https://scratch.mit.edu/ e premeremos en crear.
Imos activar á extensión Makey Makey aínda que podería facerse doutro xeito.
Para activar a extensión prememos no botón que está na esquina inferior dereita. Ao engadir esta extensión aparecen un par de bloques novos para programar coa nosa placa.
Realizaremos un sinxelo programa arrastrando bloques de código dos colores que podes ver na imaxe final. O son dos niveis tedes que grabalos na pestana sons.
O programa debería quedar similar ao que se liga a continuación do que podedes ver unha captura de pantalla do código.
https://scratch.mit.edu/projects/517307145/