.
Prezadas familias, profes e persoal non docente,
Aquí vos deixamos un titorial no que se explica como realizar a gravación e o envío dos vosos arroliños. No caso de facelo, é preciso que cubrades a seguinte autorización de voz e nola acheguedes ao centro da seguinte maneira:
- Ao correo electrónico: innovacion.ceip.barrie.maza@edu.xunta.gal
- Formato papel a través do alumnado, será entregada á titora ou titor correspondente.
Lembrade que todas as persoas que queirades participar, sen ser a través do alumnado, podedes tamén facer chegar os vosos arrolos. Neste caso tedes que poñer como nome do arquivo de audio o da persoa que o está e a enviar. Non esquezades tampouco que a persoa que gravades ten que asinar a autorización e teredes que facérnola chega ben a través do email ou entregándoa na conserxería do noso centro.
Recibiremos os vosos arroliños ata o 18 de marzo
Amplíase o prazo de recepción ata o 31 de marzo.