Titulo.png

Descargar A recompensa.mp4 [254.59MB]
Details

Curtametraxe escolar surrealista de ficción. A Recompensa foi realizada en colaboración entre os alumnos de Imaxe e Son (na parte audiovisual), de Artes Escénicas (na parte dramática) e Cultura Audiovisual (na posprodución sonora), baixo a coordinación da súa profesora común.

Grazas o departamento de Filosofía pola súa axuda e o seu entusiasmo, e ó apoio sempre benvido do Departamento de Normalización Lingüística.

Itinerarios

O bacharelato de Artes Musicais e Escénicas conta con dúas vías de acceso ás ABAU: a vía de Análise Musical e a vía de Artes Escénicas. O IES Frei Martín Sarmiento ofrece dous itinerarios para que os alumnos poidan escoller as opcións que mellor se adapten ás súas necesidades e/ou preferencias formativas.

Vía de Artes Escénicas: modalidade flexible  orientada cara ós ciclos e graos de audiovisuais, á danza e ás artes dramáticas.

Vía de Artes Musicais: modalidade orientada cara os estudos de música no conservatorio e o grao en musicoloxía e similares. 

Convalidacións

As materias do Bacharelato de Música e Artes Escénicas poden ser convalidadas en distintas especialidades das ensinanzas artísticas e musicais, e viceversa. Iso pode aforrar valioso tempo en calquera nivel do teu aprendizaxe.

 

REAL DECRETO CONVALIDACIÓNS

 

 

Logo traballos.png

Análise.png

Materia progresiva que se imparte en 1º e 2º de BAC. Estudamos a evolución da linguaxe e as técnicas de construción musical a través da análise de partituras e/ou audicións. A materia é troncal, e polo tanto, é obrigada nas ABAU para o alumnado que opte pola vía musical. É moi recomendable ter un nivel de destreza mínimo coas partituras para cursar con aproveitamento a materia.  

Escénicas.png

Artes Escénicas é unha materia progresiva que se imparte en 1° e 2° de BAC. Traballamos a posta en escena de obras do ámbito do teatro universal e de obras do teatro en galego, incluíndo o estudo do contexto histórico e literario e o traballo práctico sobre a interpretación actoral e a escenografía (decorados, atrezo, iluminación, son, vestiario etc.). Nun segundo grupo de contidos, estudamos as principais correntes estilísticas, obras e autores da historia do teatro universal.

Linguaxe.png

Materia de primeiro de BAC na que a aprendizaxe dos conceptos fundamentais da linguaxe musical se realiza a partir da práctica musical, traballando tanto a interpretación de partituras como a improvisación. O traballo realizarase conxuntamente, adaptando o nivel ás destrezas previas de cada alumno/a de xeito individualizado. Non son precisos coñecementos técnicos previos de música para cursar con aproveitamento a materia.

Coro.png

Materia que se imparte de forma progresiva en 1º e 2º de BAC. Traballamos diversas técnicas de canto, así como o desenvolvemento das habilidades harmónicas intuitivas a partir da música coral, e a interpretación musical a través do manexo de diversos estilos. É recomendable que os alumnos teñan nocións elementais de afinación vocal para cursar con aproveitamento a materia. 

 

Historia.png

Historia da Música é unha materia de segundo de bacharelato que complementa e contextualiza o estudo da evolución da linguaxe musical e dos xéneros da música escrita europea. Non é preciso ter estudos de Análise Musical para cursar con aproveitamento a materia.

Lectura.png

Lectura dramatizada é unha materia de 2º de BAC na que se fai un traballo práctico sobre as diferentes maneiras polas que, mediante o uso da voz e a expresividade corporal, conséguese dotar de vida a un personaxe literario. Traballamos, tanto por separado como conxuntamente, o uso da voz e a motricidade corporal e o coñecemento de como transmitir os estados psicolóxicos asociados a un personaxe nunha escena concreta dunha obra de teatro.

Cultura.png

Materia que se cursa en primeiro, na que se traballa por proxectos cooperativos audiovisuais e fotográficos. Ademais das técnicas propiamente audiovisuais, traballamos a sonorización de producións audiovisuais e/ou visuais e as relacións entre música e imaxe. Non é precisa ningunha destreza previa para cursar con aproveitamento a materia.

Importante.png

As materias de modalidade se impartirán no caso de que haxa, como mínimo, cinco alumnos matriculados. É importante, polo tanto, realizar o proceso de matrícula en tempo e forma para que se poidan formar os grupos.