Logo 1 IES FMS.png

Empresa e Deseño de Modelos de Negocio

O mundo da empresa está presente de forma cotiá nos medios de comunicación, formando parte da vida de millóns de persoas e repercutindo en todos os fogares. O coñecemento sobre a empresa constitúe un paso esencial para comprender o funcionamento global da economía, pola interrelación que existe entre a empresa e o contexto no que leva a cabo a súa actividade.

A materia de Empresa e Deseño de Modelos de Negocio ten como finalidade que o alumnado comprenda e analice como responden as empresas aos desafíos que se lles presentan, empregando un enfoque actualizado e, sobre todo, adaptado á realidade.

Como o facemos? Toda a información no seguinte PDF, e se tes calquera dúbida, pregunta ao profesor de Economía.

Podes escoller esta materia como materia de modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais ou como optativa en calquera modalidade de bacharelato.

 

 

Volver á páxina do departamento

Final do YBT en Madrid

O equipo PILAYS, composto por David, Gabriel e Pablo, alumnos de 2º de bacharelato, asistiu o pasado venres 19 á final nacional do YBT en Madrid.

So 100 dos máis de 3.000 equipos que comezaron a competición (máis de 11.000 alumnos) conseguiron un posto na final en Madrid. Unha gran experiencia. Parabéns David, Gabriel e Pablo pola vosa participación nesta competición.

IMG_7391.jpg

Details

O Frei na final nacional do YBT

 

Pilays na final do YBT.jpeg

Despois de catro meses xestionando unha empresa a través do simulador empresarial do Young Business Talents, o 19 de abril, tres alumnos do noso instituto, Gabriel, Pablo e David, viaxarán a Madrid para enfrontarse a outros 99 equipos de toda España para decidir cales son os mellores xoves empresarios españoles.

Durante estes catro meses, 74 alumnos do noso instituto de 4º ESO, 1º e 2º de bacharelato, participaron neste programa formativo onde o alumnado ten que tomar decisións sobre a produción, distribución e promoción dos seus productos. Este programa permite que o alumnado que cursa as materias de economía e empresa, se acheguen á realidade da xestión dunha empresa, compitindo con outros equipos de toda España.

Parebéns para Gabriel, Pablo e David, pero tamén para o resto dos seus compañeiros que participaron no programa.

Moita sorte en Madrid!!

Details

Macrodatos (big data) en economía

Charla Macrodatos na economia.jpeg

Hoxe, Isabel Neira, da Facultade de Economía e Empresariais da USC, estivo co alumnado do bacharelato de humanidades e ciencias sociais explicando a importancia dos datos na economía e da súa importancia na sociedade actual. O realmente relevante dos macrodatos é o que as organizacións fan con eles. Como se tratan os datos hoxe en día dende a banca, as redes sociais, as compañías de telecomunicacións e outras plataformas nas que diariamente estamos a aportar información é imprescindible para coñecer o mundo que nos rodea. Entender como tomamos as decisións e como dende o ámbito da economía e doutras disciplinas sociais obtemos, procesamos e modelizamos esa información foi moi interesante.

Enlace á entrada na Web do Instituto

Details

O equipo Powerfull Mind na final de Futurgal

O equipo de Sarah, Laura e Cristina clasificouse como finalista do “I Concurso StartIdeas” organizado por Futurgal, un concurso de emprendemento, ideas e innovación, dirixido a todo o alumnado de ESO, Bacharelato e FP de Galicia. O equipo Powerfull Mind estivo a traballar nun proxecto dirixido a axudar á poboación con problemas de saúde mental. Froito do seu traballo foi a recollida en Ourense do diploma como finalista deste concurso, os dez mellores proxectos de Galicia. Parabéns!

Tamén recoñecer o traballo feito polo resto dos seus compañeiros de 4º ESO, que estiveron a traballar neste concurso na materia de Formació e Orientación Persoal e Profesional; e ao alumnado de 2º de Bacharelato que tamén traballaron en diferentes retos alineados cos ODS na materia de Empresa e Deseño de Modelos de Negocio.

Powerfull mind.jpeg

 

Details