Logo 1 IES FMS.png.1

PROFESORADO

O único profesor e Xefe do Departamento é:

Jose Vázquez Carpintero

Email: josevc@edu.xunta.gal

Hora atención pais (petición previa): xoves 11:25-12:15

Tlfn: 986852654

Materias e Cursos

Máis información nos seguintes enlaces:

Formación e Orientación Personal e Profesional (4º ESO)

Economía e Emprendemento (4º ESO)

Economía (1º Bacharelato)

Empresa e Deseño de Modelos de Negocio (2º Bacharelato)

Blog do Departamento Economía IES Frei Martín Sarmiento

Blog onde iremos publicando as diferentes actividades do departamento.

Postgrowth S.A.: Pontevedra

O alumnado de 1º de bacharelato que cursou a materia de economía, tivo a oportunidade de participar nun proxecto de ciencia ciudadana, o “Postgrowth S.A.: Pontevedra”, co obxectivo de investigar como levar a cabo unha transición ecolóxica xusta nas cidades. Para isto, os alumnos/as convertéronse en científicos sociais durante o curso 2023/24. O proxecto finalizou coa participación do alumnado na 10ª Conferencia Internacional de Decrecemento e na 15ª Conferencia da Sociedade Europea para a Economía Ecolóxica, que se celebraron do martes 18 ao venres 21 de xuño de 2024 na cidade de Pontevedra.

O mércores 19 o noso alumnado espuxo dúas ponencias. En primeiro lugar Sandra, Nandini e Manuel, presentaron a “Introdución ao caso de estudo: o emprego en Pontevedra”, despois, Adrián e Raúl encargáronse da ponencia “Nivel de conciencia da poboación no tocante á transición ecolóxica xusta”.

O xoves 20 houbo un obradoiro, na primeira parte, Emma, Lunna, Sofía, Micaela, Lucía, Sara G. e Sara R., prepararon a información necesaria para un “speed dating” no que informaban a diferentes colectivos da cidade sobre a problemática investigada e as conclusións. Tras ese primeiro obradoiro, Junior a Zara participaron nas mesas redondas nas que se expoñían as conclusións de cara a elaborar unha folla de ruta dos obxectivos marcados como consecuencia dos estudos realizados.

O venres 21, o profesor de economía do Frei presentou a ponencia “Postgrowth and citizen science in secondary school: a necessary but not sufficient condition”, dentro do foro “Understanding the just ecological transition of Pontevedra through citizen science”, neste caso para explicar a importancia da participación no proxecto e algunhas conclusións.

Unha experiencia moi interesante para o alumnado que esperamos se poida repetir nun futuro.

PG1.jpeg

Mercadillo DepoEmprende en Vigo

A través do proxecto DepoEmprende, o alumnado de 4º de ESO que cursa a materia de Formación e Orientación Personal e Profesional, constituiu dúas cooperativas, “Abrazo Mayor” e “Costa Proyect”

Abrazo Mayor é unha cooperativa que ten como obxectivo axudar a mellorar a saúde física e mental dos nosos maiores e a levar unha vida máis amena e entretenida a través de diferentes actividades que realizan con eles.

Costa Proyect é unha cooperativa que ten como obxectivo o coidado das costas galegas, realizando diversas actividades, combinando a diversión co coidado das praias.

Para poder financiar as súas actividades, hoxe realizouse un mercadillo en Vigo, no que os integrantes de cada unha das cooperativas puxo á venda diferentes produtos que, nuns casos crearon eles, e noutros elixiron produtos saudables e sostibles.

Gran traballo por parte das dúas cooperativas.

Parabéns!

#EconomíaFMS

#DepoEmprende

IMG_8186.jpg

IMG_8178.jpg

Finanzas para mortais

Gracias ao programa “Finanzas para mortais” de EduEmprende, o alumnado de 4º de ESO tivo a oportunidade de coñecer de primeira man os diferentes produtos que ofrecen as entidades financeiras. Este tipo de coñecementos é imprescindible para poder desenvolverse hoxe en día xa que toda a poboación precisa ter unha conta corrente e seguro que realizará moitas das outras operacións das que nos falou Raquel, directora de oficina no Banco Santader.

O alumnado tivo a oportunidade de coñecer as diferentes características das contas correntes e de aforro, os diferentes tipos de tarxeta e moitos consellos de cara a manexar todos estes produtos con seguridade, e sempre coñecendo as súas características e valorando diferentes opcións de diferentes entidades financeiras.

Asi mesmo, estivemos vendo tanto os produtos de aforro como de inversión.

Agradecer especialmente a Raquel Costal Otero pola súa disposición e interese por chegar ao alumnado para aproveitar o máximo posible estas sesións.

#EconomíaFMS

#FOPPFMS

#EduEmprende

#FinanzasParaMortaisWhatsApp Image 2024-06-03 at 10.09.05 (3).jpeg.1

 

Economía circular e novos modelos de negocio

Economía lineal – Economía de reciclaxe – Economía circular

Hoxe en día estamos a escoitar continuamente conceptos como sostibilidade, reciclaxe, ODS e outros conceptos intimamente relacionados co desenvolvemento sostible. Mediante esta charla, dentro do programa APonte da USC, Pilar Piñeiro, tratou todos estes conceptos para relacionalos e concretar o que significa o concepto de Economía circular, pasando do concepto das 3R ao das 7R: redeseñar, reciclar, reducir, reparar, recuperar, renovar e reutilizar.

Para finalizar e entender a importancia da economía circular e a oportunidade de sumarse á mesma, con numerosos exemplos, presentou numerosos modelos de negocio baseados neste novo modelo produtivo, dende os máis coñecidos ata novas tendencias como pode ser o aluguer de pantalóns vaqueiros sostibles e outras moitas máis.

#EconomiaFMS

#ProgramaAPonteUSC

Economia circular.jpeg

Visita ao Centro Galego de Innovación da Formación Profesional

O alumnado de 4º ESO coas materias de Economía e Emprendemento e Formación e Orientación Persoal e Profesional visitou as instalacións do CGIFP Eduardo Barreiros en Ourense, para comprobar todos os proxectos que dende este centro se están a desenvolver na procura dunha mellor preparación do alumnado na Formación Profesional: biotecnoloxía, industria 5.0, fabricación aditiva, enerxía e sustentabilidade ambiental, gastronomía multisensorial e experiencias inmersivas.

#EduEmprende

#EconomíaFMS

IMG_6687.JPG

15 entradas
Details