Logo 1 IES FMS.png

Materia de 4º ESO impartida a 16 alumnos/as de 4º ESO B.

Economía e Emprendemento

A economía está presente en todos os aspectos da vida, de aí a importancia de que o alumnado adquira coñecementos económicos e financeiros que lle permitan estar informado, desenvolver un pensamento crítico e realizar unha adecuada xestión dos recursos individuais e colectivos, o que contribuirá a fomentar a mellora na súa calidade de vida, o progreso e o benestar social.

A materia de economía e emprendemento está concebida de manera que introduza ao alumnado ao coñecemento da economía e a empresa, así como o emprendemento. Para logarlo, tratamos temas relacionados coa economía real da nosa contorna, analizamos as empresas da nosa contorna e elaboramos un proxecto de creación dunha empresa ou idea de negocio.

Como o facemos? A través da explicación de contidos, realización de ejercicios prácticos e participación en proxectos e concursos de xestión ducha empresa como o Young Business Talents ou The Challenge. O traballo na aula no día a día é fundamental polo que o 30% da cualificación configúrase polo traballo na aula e o 70% con probas escritas.

Esta materia está orientada para todo o alumnado que teña pensado cursar bacharelato independentemente da modalidade que queira cursar polo que se pode elixir como materia de opción ou como optativa.

 

 

Volver á páxina do departamento

Finanzas para mortais

Gracias ao programa “Finanzas para mortais” de EduEmprende, o alumnado de 4º de ESO tivo a oportunidade de coñecer de primeira man os diferentes produtos que ofrecen as entidades financeiras. Este tipo de coñecementos é imprescindible para poder desenvolverse hoxe en día xa que toda a poboación precisa ter unha conta corrente e seguro que realizará moitas das outras operacións das que nos falou Raquel, directora de oficina no Banco Santader.

O alumnado tivo a oportunidade de coñecer as diferentes características das contas correntes e de aforro, os diferentes tipos de tarxeta e moitos consellos de cara a manexar todos estes produtos con seguridade, e sempre coñecendo as súas características e valorando diferentes opcións de diferentes entidades financeiras.

Asi mesmo, estivemos vendo tanto os produtos de aforro como de inversión.

Agradecer especialmente a Raquel Costal Otero pola súa disposición e interese por chegar ao alumnado para aproveitar o máximo posible estas sesións.

#EconomíaFMS

#FOPPFMS

#EduEmprende

#FinanzasParaMortaisWhatsApp Image 2024-06-03 at 10.09.05 (3).jpeg.1

 

Details

Economía circular e novos modelos de negocio

Economía lineal – Economía de reciclaxe – Economía circular

Hoxe en día estamos a escoitar continuamente conceptos como sostibilidade, reciclaxe, ODS e outros conceptos intimamente relacionados co desenvolvemento sostible. Mediante esta charla, dentro do programa APonte da USC, Pilar Piñeiro, tratou todos estes conceptos para relacionalos e concretar o que significa o concepto de Economía circular, pasando do concepto das 3R ao das 7R: redeseñar, reciclar, reducir, reparar, recuperar, renovar e reutilizar.

Para finalizar e entender a importancia da economía circular e a oportunidade de sumarse á mesma, con numerosos exemplos, presentou numerosos modelos de negocio baseados neste novo modelo produtivo, dende os máis coñecidos ata novas tendencias como pode ser o aluguer de pantalóns vaqueiros sostibles e outras moitas máis.

#EconomiaFMS

#ProgramaAPonteUSC

Economia circular.jpeg

Details

Visita ao Centro Galego de Innovación da Formación Profesional

O alumnado de 4º ESO coas materias de Economía e Emprendemento e Formación e Orientación Persoal e Profesional visitou as instalacións do CGIFP Eduardo Barreiros en Ourense, para comprobar todos os proxectos que dende este centro se están a desenvolver na procura dunha mellor preparación do alumnado na Formación Profesional: biotecnoloxía, industria 5.0, fabricación aditiva, enerxía e sustentabilidade ambiental, gastronomía multisensorial e experiencias inmersivas.

#EduEmprende

#EconomíaFMS

IMG_6687.JPG

Details

O Frei na final nacional do YBT

 

Pilays na final do YBT.jpeg

Despois de catro meses xestionando unha empresa a través do simulador empresarial do Young Business Talents, o 19 de abril, tres alumnos do noso instituto, Gabriel, Pablo e David, viaxarán a Madrid para enfrontarse a outros 99 equipos de toda España para decidir cales son os mellores xoves empresarios españoles.

Durante estes catro meses, 74 alumnos do noso instituto de 4º ESO, 1º e 2º de bacharelato, participaron neste programa formativo onde o alumnado ten que tomar decisións sobre a produción, distribución e promoción dos seus productos. Este programa permite que o alumnado que cursa as materias de economía e empresa, se acheguen á realidade da xestión dunha empresa, compitindo con outros equipos de toda España.

Parebéns para Gabriel, Pablo e David, pero tamén para o resto dos seus compañeiros que participaron no programa.

Moita sorte en Madrid!!

Details