Logo 1 IES FMS.png

Materia de 4º ESO, impartida a 26 alumnos/as dos grupos C e 2PDC

Formación e Orientación Persoal e Profesional

A materia Formación e Orientación Persoal e Profesional propón unha aproximación ao coñecemento do humano que permita espertar a curiosidade polo coñecemento da propia persoa, do seu proceso de aprendizaxe e da contorna sociocultural en que se atopa, de modo que incremente a súa autonomía e a súa confianza no seu propio logro, e facilite a súa aprendizaxe ao longo da vida e o seu desempeño académico e profesional.

Profundizamos nas competencias propias do alumnado e analizamos as necsarias para desenvolverse na sociedade como persoa adulta, dende unha perspectiva persoal, social e profesional. O obxectivo final é o desenvolvemento dun proxecto persoal e grupal onde o traballo persoal e grupal é fundamental intentando aproximarnos a un entorno persoal e profesional real. O traballo na aula no día a día é fundamental polo que o 70% da cualificación configúrase polo traballo na aula e o 30% con probas escritas.

Analizamos o sistema educativo (exemplo de práctica en clase) de cara á toma de decisións a partir de 4º ESO.

Aprenderemos a afrontar unha entrevista laboral, dende a elaboración do CV ata prácticas de entrevistas de traballo.

 

 

Volver á páxina do departamento

Proxectos e Actividades

Mercadillo DepoEmprende en Vigo

A través do proxecto DepoEmprende, o alumnado de 4º de ESO que cursa a materia de Formación e Orientación Personal e Profesional, constituiu dúas cooperativas, “Abrazo Mayor” e “Costa Proyect”

Abrazo Mayor é unha cooperativa que ten como obxectivo axudar a mellorar a saúde física e mental dos nosos maiores e a levar unha vida máis amena e entretenida a través de diferentes actividades que realizan con eles.

Costa Proyect é unha cooperativa que ten como obxectivo o coidado das costas galegas, realizando diversas actividades, combinando a diversión co coidado das praias.

Para poder financiar as súas actividades, hoxe realizouse un mercadillo en Vigo, no que os integrantes de cada unha das cooperativas puxo á venda diferentes produtos que, nuns casos crearon eles, e noutros elixiron produtos saudables e sostibles.

Gran traballo por parte das dúas cooperativas.

Parabéns!

#EconomíaFMS

#DepoEmprende

IMG_8186.jpg

IMG_8178.jpg

Details

Finanzas para mortais

Gracias ao programa “Finanzas para mortais” de EduEmprende, o alumnado de 4º de ESO tivo a oportunidade de coñecer de primeira man os diferentes produtos que ofrecen as entidades financeiras. Este tipo de coñecementos é imprescindible para poder desenvolverse hoxe en día xa que toda a poboación precisa ter unha conta corrente e seguro que realizará moitas das outras operacións das que nos falou Raquel, directora de oficina no Banco Santader.

O alumnado tivo a oportunidade de coñecer as diferentes características das contas correntes e de aforro, os diferentes tipos de tarxeta e moitos consellos de cara a manexar todos estes produtos con seguridade, e sempre coñecendo as súas características e valorando diferentes opcións de diferentes entidades financeiras.

Asi mesmo, estivemos vendo tanto os produtos de aforro como de inversión.

Agradecer especialmente a Raquel Costal Otero pola súa disposición e interese por chegar ao alumnado para aproveitar o máximo posible estas sesións.

#EconomíaFMS

#FOPPFMS

#EduEmprende

#FinanzasParaMortaisWhatsApp Image 2024-06-03 at 10.09.05 (3).jpeg.1

 

Details

Economía circular e novos modelos de negocio

Economía lineal – Economía de reciclaxe – Economía circular

Hoxe en día estamos a escoitar continuamente conceptos como sostibilidade, reciclaxe, ODS e outros conceptos intimamente relacionados co desenvolvemento sostible. Mediante esta charla, dentro do programa APonte da USC, Pilar Piñeiro, tratou todos estes conceptos para relacionalos e concretar o que significa o concepto de Economía circular, pasando do concepto das 3R ao das 7R: redeseñar, reciclar, reducir, reparar, recuperar, renovar e reutilizar.

Para finalizar e entender a importancia da economía circular e a oportunidade de sumarse á mesma, con numerosos exemplos, presentou numerosos modelos de negocio baseados neste novo modelo produtivo, dende os máis coñecidos ata novas tendencias como pode ser o aluguer de pantalóns vaqueiros sostibles e outras moitas máis.

#EconomiaFMS

#ProgramaAPonteUSC

Economia circular.jpeg

Details

Visita ao Centro Galego de Innovación da Formación Profesional

O alumnado de 4º ESO coas materias de Economía e Emprendemento e Formación e Orientación Persoal e Profesional visitou as instalacións do CGIFP Eduardo Barreiros en Ourense, para comprobar todos os proxectos que dende este centro se están a desenvolver na procura dunha mellor preparación do alumnado na Formación Profesional: biotecnoloxía, industria 5.0, fabricación aditiva, enerxía e sustentabilidade ambiental, gastronomía multisensorial e experiencias inmersivas.

#EduEmprende

#EconomíaFMS

IMG_6687.JPG

Details

A cooperativa do FREI “Abrazo Mayor” na Residencia de Maiores de Campolongo

IMG_7682.jpg

“Abrazo Mayor” é unha cooperativa creada por alumnado de 4º ESO na materia de Formación e Orientación Persoal e Profesional, dentro do programa DepoEmprende. O seu obxectivo é axudar aos nosos maiores a levar unha vida máis amena, a través do seu acompañamento e realización de diversas actividades.

A primeira actividade que fixeron foi unha visita á Residencia de Maiores de Campolongo, na que estiveron acompañando ao residentes, realizando exercicios de movilidade e charlando con eles. Unha gran experiencia que lles deixou gañas de volver e que servíu para confirmar que o obxectivo da súa cooperativa é moi interesante e motivador.

Queremos agradecer aos traballadores da Residencia pola boa acollida e a humanidade que mostran no trato cos nosos maiores eo ao falar deles, todo un exemplo.

#EmprendeFMS

#EconomíaFMS

 

 

Details

Xornada DepoEmprende

DEPOEMPRENDE1.jpeg

O alumnado da materia Formación e Orientación Persoal e Profesional de 4º ESO participa no proxecto da Deputación de Pontevedra “DepoEmprende”. Hoxe estivo con nós Rosa Corbacho orientando ao alumnado sobre como proceder para poñer en marcha a súa cooperativa. O obxectivo é que o proxecto chegue a sair da aula e que o alumnado practique na realidade as operacións típicas dunha empresa. Neste caso o alumnado vai desenvolver tres proxectos en tres cooperativas diferentes: a empresa “Manos Amigas”, centrada no acompañamento e axuda aos nosos maiores; “Costa Proyect”, cuxo obxecto é o coidado das nosas praias e costas; e “Ayuda, comprensión e interacción”, que pretende axudar ao alumnado que sufre acoso escolar. Tres empresas cooperativas cun claro obxectivo social que en breve serán constituidas oficialmente para comezar a traballar.

DEPOEMPRENDE.jpeg

Details

O equipo Powerfull Mind na final de Futurgal

O equipo de Sarah, Laura e Cristina clasificouse como finalista do “I Concurso StartIdeas” organizado por Futurgal, un concurso de emprendemento, ideas e innovación, dirixido a todo o alumnado de ESO, Bacharelato e FP de Galicia. O equipo Powerfull Mind estivo a traballar nun proxecto dirixido a axudar á poboación con problemas de saúde mental. Froito do seu traballo foi a recollida en Ourense do diploma como finalista deste concurso, os dez mellores proxectos de Galicia. Parabéns!

Tamén recoñecer o traballo feito polo resto dos seus compañeiros de 4º ESO, que estiveron a traballar neste concurso na materia de Formació e Orientación Persoal e Profesional; e ao alumnado de 2º de Bacharelato que tamén traballaron en diferentes retos alineados cos ODS na materia de Empresa e Deseño de Modelos de Negocio.

Powerfull mind.jpeg

 

Details