Acceder

Outro blog?

Xa perdín a conta dos blogs que levo iniciado desde hai 20 anos. Daquela era a ferramenta de moda e entre a comunidade de internautas (que foi desta palabra?) raro era o caso de quen non tiña polo menos un. Era o tempo do blogomillo, dunha rede de blogs en galego no que houbo publicacións realmente valiosas. Penso sobre todo no Marcos Valcárcel e As uvas na solaina, que durante anos foi acubillo de curiosos coma min, de apaixonados por Ourense, polas letras galegas, por construír país. A perda de Marcos foi un golpe moi duro para a miña cidade. Xa non hai xente coma el.

Eu tamén tiven o meu blog, nada á altura do que comento, por suposto, pero exemplo das miñas emocións e pensamentos daqueles anos que xa parece que non existiron. Sempre volvemos ao blog, fuximos do efémero e fugaz das redes sociais, o microblogging, como se lle chamou ao principio para diferenciar ambos xéneros. Quizais esta volta sexa frutífera, pero non o creo. Non esperedes moito deste recuncho.

 

image
Marcos Válcarcel, autor do blog "As uvas na solaina", faleceu en decembro do 2010.